Asà somos
A de Sarela nace coma unha experiencia creativa que conflue cas influencias de diversas persoas e historias que nos imos atopando ao longo das nosas vidas. Os nosos produtos teñen soños e lembranzas doutros tempos, rastros de aventuras, amores e nostalxias.
Somos unha marca local de moi recente creación e inquedanzas sociais que trata de fundamentarse na promoción na cultura galega e o produto de proximidade, alonxándose dos convencionalismos da industria.
Visión e principios
Comercio local de proximidade
100% en Galiza
Promoción da lingua e cultura
#mellorengalego
Unha alternativa sostible
Rexeitamos os plásticos e os produtos dun só uso
Cada peza é única
Non atoparás unha igual a outra
Sobre a creadora
Detrás dunha marca
Traballadora social, artesana e grande amante da nósa lingua e cultura comezo a traballar a cerámica no ano 2019, inda que sempre estiven en contacto con outras disciplinas, coma a literaria.
A miña paixón polo barro surxe a raÃz dunha viaxe a Colombia e Perú durante a que quedo totalmente prendida do arte precolombino. Dende entón e a raÃz dun confinamento que deu moito de sÃ, comezo case sen sabelo pero sempre con moita ilusión o proxecto "A de Sarela".
​
Na medida do posible trato de fomentar a economÃa social e de proximidade e sempre activa na procura de novos camiños, produtos e proxectos.